A Fazaña da Liberdade no OUFF de Ourense

Dentro da sección “Panorama Galicia” do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF)  apresentamos “A Fazaña da Liberdade”. Foron nos días 18 e 21 de nov. cando foi proxectada a película cun público entusiasta e uns debates moi interesantes. Desde acó o nosos parabéns á organización do festival e para todas e todos vós que acudistes à cita. 

Image

 

Image

 

Image

 

Image

 

 

A Fazaña da Liberdade en Bilbo e Urduña

Convidados pola Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Deusto (Bilbo) e pola Mugalde Kultur Elkartea (Urduña), os pasados días 7 e 8 de novembro apresentamos a Fazaña da liberdade en terras de Euskalherria. 

Imaxe

 

A primeira cita foi en Bilbo. Cunha organización excepcional do nos o amigo Paulo Lema (Lector da Cátedra de Galego) o ato foi iniciado polos bertsolaris Gabi Basañez e Joanes Igeregi, que coas súas rimas evocaron e homenaxearon a Alexandre Bóveda.

Imaxe

 

Imaxe

 

Tras eles tomou a verba Paulo Lema para apresentar o acto.

Imaxe

 

Tras el tomou a palabra  Marcelo Alvarez Suarez, en representación da asociación “Ahaztuak Olvidados”, que pronunciou unhas breves palabras en galego para saudar a iniciativa e reivindicar os milleiros de persoas que, como Bóveda, foron vítimas da barbarie e da inxustiza:

A FAZAÑA DA LIBERDADE DE ALEXANDRE BOVEDA (E TANTOS OUTROS)

Desde Ahaztuak mil novecentos trinta e seis-mil novecentos setenta e sete, asociación de vítimas do golpe de estado, da represión e do rexime franquista, queremos saudar a iniciativa que hoxe se desenvolve aquí, en Memoria e Homenaxe de Alexandre Bóveda, galego amante da súa Patria e da Liberdade propria e allea, que traballou sen acougo por ambas as dúas durante a súa vida, e que como milleiros e milleiros de persoas en Galiza, en Euskal Herria e en toda a xeografía do estado español, foi por ese motivo asasinado polos golpistas alzados en armas o dezaoito de xullo de mil novecentos trinta e seis. “A fazaña da Liberdade” leva por título o documental que hoxe se presenta aquí sobre Alexandre Bóveda. A fazaña da liberdade, a fazaña de procurala incansabelmente, é a que el e outras persoas coma el levaron a cabo co seu traballo e co seu exemplo, coa súa palabra e a súa acción, aínda que iso lles acarretase, como é o caso, a prisión e a morte. Por iso, para Ahaztuak mil novecentos trinta e seis-mil novecentos setenta e sete, Alexandre Bóveda é tamén un dos nosos, un máis dos que habitan ese territorio común entre Galiza e Euskal Herria, entre Euskal Herria, Galiza e todos os pobos do estado español tamén, ese territorio da Memoria Democrática e Antifascista común habitado por todas aquelas persoas asasinadas polos fascistas, por todos aqueles homes e mulleres que os criminais crían estar enterrando coma cadáveres, cando en realidade, como dixo Castelao, eran semente, semente de boas plantas, de boas persoas, como reflicte este parágrafo da derradeira carta de Alexandre Bóveda, escrita antes de ser asasinado: 

“Eu morro tranquío; confío en que serei recibido donde todos queremos xuntarnos e fagoo con ledicia e confiando en Deus iste sacrificio. Quixen facer ben, traballei por Pontevedra, por Galicia e pola República” 

No seu Honor e na súa Memoria. Na de todas as vítimas do fascismo. Viva Galiza Ceibe! Gora Euskal Herria eta askatasuna! Terra e Liberdade!

(Texto leido en la Universidad de Deustu, en al acto de presentación del documental “A fazaña da Liberdade”)

Imaxe

 

Tras este emocionante texto o director do filme Seném Outeiro tomou a palabra para apresentar o documentario.

Imaxe

 

E tras o debate posterior tivemos o prazer de contar ca música do grupo de Gaitas “Ceo do Sil”, de Barakaldo, interpretaron un par de pezas, entre elas a Marcha do Antigo Reino de Galiza. Desde aquí, o noso máis sincero agradecemento por participaren desinteresadamente nesta iniciativa.

Imaxe

 

Ao dia seguinte trasladamos a Urduña a nosa presentación para face-la na Kultur Etxea da dita localidade. Parabéns a Xabi e Maruxa polo seu bon fazer para con nós e noso proxecto.

 

 

Novas datas de apresentación de “A Fazaña da Liberdade”

Imaxe

– 6 de nov. Vilagarcía. Organiza ANOVA (Vilagarcía). 20:00 Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa (Avenida da Mariña 27, ao carón do Parque Miguel Hernández).

– 7 de nov. BILBO/BILBAO. Organiza a Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Deusto. Ás 19:00, na Sala Gárate (Edificio Central, Campus de Bilbo).

– 8 de nov. URDUÑA/ORDUÑA (BIZ). Organiza a Mugalde Kultur Elkartea. Ás 18:30 na Urduñako Kultur Etxean.

– 20 de nov. FOZ. Organiza o Excmo. Concello de Foz.

– 12 de dez. COMPOSTELA. Organiza a Gentalha do Pichel.

– 14 de dez. CUNTIS. Organiza A.C. O Fervedoiro.

“A Fazaña da Liberdade” en Barcelona.

O pasado 26 de outubro tivemos o inmenso prazer de apresentar o noso documentario en Barcelona. Organizado pola ACGB (Asamblea Cultural Galega de Barcelona) e en colaboración co Ateneu Roig de Vila de Gràcia, vivimos un dos encontros mais ledos e fraternais que levamos sentido nesta xeiras de proxección. Parabéns a tod@s as persoas que fixestes da nosa estadía na capital de Catalunya unha data inesquecibel.

Imaxe

Imaxe

Imaxe

Imaxe

Novas datas de presentación da Fazaña

Car@s amig@s: Dispoñemos de novas datas para que podades acudir ás proxeccións da “Fazaña da Liberdade”.

17 de out. O Carballiño. Casino do Carballiño. 21:00
18 de out. Vedra. Centro Socio-Cultural. 21:00
24 de out. Redondela. Auditorio Multiusos da Xunqueira. 20:30
26 de out. Barcelona. Ateneu Roig (Carrer Ciutat Real, 25) Vila de Gracia. 12:00
6 de nov. Vilagarcía. Auditorio Municipal. 20:30
7 de nov. Bilbo. Sala Garate (edificio central) Universidade de Deusto. 19:00
20 de nov. Foz

Imaxe